Título sección

P.L.A.N

“ Me encanta que los planes salgan bien”

 

Decía o noso amigo Hannibal na serie do Equipo A. ¿E a quen non? O tema é ter un PLAN, que non e tan fácil. Así nos pasa co noso xeito de enfocar a vida. Carecemos dun PLAN propio, único e persoal, en favor dun Plan Xeral preestablecido que sigue a maioría. E se o segue a maioría, será que é o mellor, non? ¡Pois igual non!

Non se trata de romper con todo, pero si se poden PLANtexar particularidades, que nos afaste deste sistema, fábrica de robots.

Refuxiarnos nas escusas de sempre: os cartos, o tempo, a cruz no lombo que nos sinala como desgraciados…non leva a nada. A mentalidade ha de ser a contraria. Os grandes cambios requiren certo tempo, pero serán esos pequenos pasos que se poden dar dende xa, os que construan o noso PLAN

Exemplo:… antes de morrer eu quero…