Título sección

DxT

…antes de morrer eu quero…

 

Que o deporte e eu sexamos un

Os beneficios do deporte relacionanse con tres hormonas que se desprenden ao realizar actividade física: a serotina, a dopamina e a endorfina. Cada unha delas aportan sensacións de calma, de placer, e de felicidade respectivamente; e todas elas producen un estímulo no cerebro que nos leva a seguir buscando esas mesmas sensacións e, polo tanto, seguir practicando deporte. Vamos, que nos xera mono!

Por outra banda, a consecución de metas deportivas inflúen no optimismo da propia persoa e, consecuentemente, na sensación de benestar e de enfrontarse, de maneira máis positiva, á vida.